domingo, 31 de maio de 2020

TAREFAS 1 AO 5 DE XUÑO

Ola pequenos ASTRÓNOMOS E ASTRÓNOMAS!!
Empezamos as últimas semanas do curso.
Chegamos á recta final. En nada estaremos de vacacións, polo que vos pido un último esforzo.
Lembrade que a partires de hoxe escribiremos o diario en GALEGO. 
Seguimos cos nosos experimentos, que tal vai  o proxecto da Lúa?
E téñovos unha sorpresa, esta semana, o día 5, imos ter
UN ECLIPSE PENUMBRAL DE LÚA!!
Xa vos enviarei máis información para a súa observación.
Un biquiño a todos e todas!!
A profe Mónica P. Barbosa

xoves, 28 de maio de 2020

XAVI E BRAIS BAILAN "KILL THIS LOVE"


Moi ben chicos!
Encántanos o animados que estades a participar sempre.
E ese loro é precioso Xavi!

MARTA BAILA "KILL THIS LOVE"

Marta fixo un dúo coa súa prima Paloma.
O fan tan ben que ata teñen un visitante curioso.

A RECEITA DA CHEF MARTA

Ensalada de aguacate.
Deliciosa, encántame a presentación na mesmo aguacate.
Outra receita que temos que probar.
Alguén máis se anima con outra? 

domingo, 24 de maio de 2020

TAREFAS DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola chicos e chicas!
Así coma a semana pasada fúchedes Chefs, esta semana seredes Astrónomos!!
Preparados??
DESPEGAMOS!!!


Esta vai a ser a última semana que escribamos o DIARIO en castelán, polo que vos pido, que o fagades con moito coidado. Prestando atención a eses erros que cometedes habitualmente, fixándovos nas tildes e facendo a vosa mellor letra.
Irei mandándovos mensaxes coas actividades que me podedes enviar.
Un biquiño a todos e todas!!

AGUSTÍN E GUILLE ATOPAN UNHA VACALOURA

Mirade o que atoparon no garaxe de casa.
É unha vacaloura, xa non se ven moitas coma esta.
Logo a botaron no xardín.
Ben feito chicos!!

A RECEITA DO CHEF AGUSTÍN

Grazas Agustín e familia.
Que mellor maneira de tomar verduras que unha crema coma esta.
Que boa pinta ten, parece que ata a apodemos cheirar.
Eu vou preparala sen falta!!

A RECEITA DO CHEF ALEX

Mirade que boa pinta ten esta empanada
así doradiña e cruxiente.
Imos ter que probala sen dúbida .
Moitas grazas Chef Alex!!

xoves, 21 de maio de 2020

AGUSTÍN BAILA "IT´S RAINING MEN"

Agustín e familia personalizan a coreografía e quédalles xenial!
Unha vez máis!
Unha aperta chicos!

XAVI BAILA "IT´S RAINING MEN"

Así da gusto, bailar no medio da natureza.
Moi ben Xavi, agora xa coñecemos as túas ovelliñas.
Un biquiño!

FERY BAILA "IT´S RAINING MEN"

Pero que ben bailas Fery!
Parabéns!
O curso que ven, imos ter unha chea de nenos e nenas "bailongos" 
Un biquiño!

domingo, 17 de maio de 2020

venres, 15 de maio de 2020

QUEN É QUEN?

A ver se adiviñades quen é quen.
DESCRIPCIÓN Nº1
DESCRIPCIÓN Nº2
 DESCRIPCIÓN Nº3
 DESCRIPCIÓN Nº4
DESCRIPCIÓN Nº5
DESCRIPCIÓN Nº6
DESCRIPCIÓN Nº7
DESCRIPCION Nº8
DESCRIPCIÓN Nº9
DESCRIPCIÓN Nº 10
SOLUCIÓN:
1º - Xavi por Marta,  2º- Agustín por Antía,  3º - Raúl por Alex,  4º - Fabio por Adriana,  5º - Alex por Raúl,  6º - Antía por Agustín,  7º - Marta por Xavi,  8º - Fery por Aarón,  9º - Aarón por Fery,  10º - Adriana por Fabio

xoves, 14 de maio de 2020

ALEX CON ESTRALOQUES

Alex, eu tamén o facía de pequena.
E como o do plástico de burbullas, a que non podes parar.
Unha aperta.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Ola chicos e chicas!
Que cousas máis chulas estades a enviar ao blog da Fada Acaramelada.
Para o que quera máis actividades sobre Ricardo Carvalho Calero pinchade AQUÍ.
Seguide participando.
Un biquiño!

FERY FIXO QUE BROTARA O APIO

Que ben se ve a evolución Fery!
Se vos da moi ben isto das "plantiñas"
Un biquiño!

martes, 12 de maio de 2020

ASÍ EVOLUCIONAN AS PLANTAS DE AGUSTÍN



Fixádevos como están os tomates, as lentellas e a cabaza.
Grazas Agustín, segue informándonos da evolución, por favor.
Un biquiño!

AS PLANTIÑAS DE FABIO

Plantou unhas fabas e mirade que grandes están!
Grazas pola túa participación.
Un biquiño!

FABIO BAILA "LA CUCARACHA"

Fabio, non deixes de mandarnos os teus bailes!
Gústannos un montón!
Un biquiño.

A HORTA DE XAVI

Mirade como está a horta de Xavi:
A menta xa ten raiz, o tomate xerminou e as lentellas están enormes.
 O experimento das flores vese mellor na cor azul e amarela que na vermella.




domingo, 10 de maio de 2020

TAREFAS DA SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Ola familias,
Esta semana celebramos a Semana das Letras Galegas adicada a Ricardo Carvalho Calero. E dende a biblioteca do centro propoñémosvos actividades.
Botádelle un vistazo ao Blog da Fada Acaramelada, facede clic AQUÍ.

MARTA ACEPTA O RETO DE RAÚL E O MODIFICA

Mezclou CocaCola con Mentos.
Es una reacción entre componentes carbonatados que libera una gran cantidad de burbujas.
Outro reto superado!
Un biquiño Marta.

sábado, 9 de maio de 2020

ALEX TAMÉN ACEPTOU O RETO DE RAÚL


E ademais demóstranos que nesta reacción química despréndese dióxido de carbono, que é o que enche o globo.
Moitas grazas Alex pola túa colaboración.
Segue participando así.
Un biquiño.

MARTA STYLE


Cada vez sáenche mellor as coreografías Marta.
Segue participando así.
Un biquiño!!

ANTÍA ACEPTA O RETO DE RAÚL


Que chulo quedou Antía.
Gústanos moito.
Segue participando así.
Un biquiño!

XAVI E BRAIS BAILAN O GANGNAM STYLE

Así me gusta, sempre participando chicos!
Bo traballo.
Un biquiño!

EVOLUCIÓN DAS PLANTAS DE XAVI









Os tomates xa empezan a xerminar.
E á menta empézanlle a sair raices.

AGUSTÍN STYLE

Agustín e familia, FANTÁSTICO!!
Seguide divertíndonos así.
Un biquiño para todos!

EVOLUCIÓN DAS PLANTAS DE RAÚL





Agora hai que ter paciencia e esperar a ver que pasa.
Grazas Raúl, segue así.
Un biquiño!

XAVI E O EXPERIMENTO DAS FLORES

A ver os resultados dentro duns días.
Non esquezas mandar fotos.
Grazas e un biquiño!

ÚLTIMOS EXPERIMENTOS DE AGUSTÍN

A ver que pasa nuns días co que fixeches.
Esperamos máis videos ou fotos cos resultados.
Un biquiño!

venres, 8 de maio de 2020

RAÚL RÉTAVOS A FACER UN VOLCÁN

Raúl acordouse do que estudamos sobre os volcáns e despois da experiencia que temos coma científicos, decidiu facer un volcán caseiro.
Agora rétavos a facer un así de espumoso.
QUEN SE ANIMA?