domingo, 24 de maio de 2020

TAREFAS DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola chicos e chicas!
Así coma a semana pasada fúchedes Chefs, esta semana seredes Astrónomos!!
Preparados??
DESPEGAMOS!!!


Esta vai a ser a última semana que escribamos o DIARIO en castelán, polo que vos pido, que o fagades con moito coidado. Prestando atención a eses erros que cometedes habitualmente, fixándovos nas tildes e facendo a vosa mellor letra.
Irei mandándovos mensaxes coas actividades que me podedes enviar.
Un biquiño a todos e todas!!

AGUSTÍN E GUILLE ATOPAN UNHA VACALOURA

Mirade o que atoparon no garaxe de casa.
É unha vacaloura, xa non se ven moitas coma esta.
Logo a botaron no xardín.
Ben feito chicos!!

A RECEITA DO CHEF AGUSTÍN

Grazas Agustín e familia.
Que mellor maneira de tomar verduras que unha crema coma esta.
Que boa pinta ten, parece que ata a apodemos cheirar.
Eu vou preparala sen falta!!

A RECEITA DO CHEF ALEX

Mirade que boa pinta ten esta empanada
así doradiña e cruxiente.
Imos ter que probala sen dúbida .
Moitas grazas Chef Alex!!