PRESENTACIÓN


Ola familias,
Hoxe comenzamos unha nova etapa e engadimos este blog ás ferramentas que xa estamos utilizando para facer máis doada a comunicación entre nós.

Aquí publicarei as tarefas semanais e as recomendacións. E seguiremos empregando o e-mail profemonicabarbosa@gmail.com para recibir e devolvervos as tarefas que teño que correxir.

Gustaríame  tamén que aproveitáramos o blog, para subir debuxos, videos ou fotos, das actividades que estades a facer na casa. É unha maneira de sentirnos máis en contacto e un pouquiño máis unidos como grupo nestes días.
Publicarei as actividades por semana, curso e materia (matemáticas, lengua, lingua ...) cun horario orientativo, pero non quere dicir que se teñan que facer así. Cada familia dicidirá que volumen de traballo fan os nenos e nenas, xa que a situación familiar de cada casa, é moi diferente.

A maioría das actividades son autoevaluables, é dicir, van coa solución para poder correxilas. É moi importante recalcarlles aos nenos e nenas, que deben ser honestos e non mirar as solucións antes de acabar. Tamén irán cunha breve explicación se fora necesario.
O que temos que ter claro é que imos a realizar actividades de repaso, que xa coñecen pero necesitan practicar moito. Non vos agobiedes se non podedes realizalas diariamente.

AS RECOMENDACIÓNS SERÍAN ESTAS 
  • A LECTURA (en galego/castelán). Todo tipo de textos, máis de 20 minutos, apuntamos na axenda.
  • ESCRIBIR O DIARIO  (fin de semana, descanso)
  • REPASO DE TÁBOAS DE MULTIPLICAR (todos os días). Ao día seguinte farán unha proba autoevaluable e o venres un control que me mandaredes ao correo.
  • AO PRINCIPIO, 3º E 4º FARÁN CASE AS MESMAS ACTIVIDADES DE REPASO.