domingo, 7 de xuño de 2020

XAVI MÓSTRANOS O "ZOO" QUE TEN NA CASA

Moi atentos chicos e chicas, isto é como visitar un Zoo Rural.
Mirade que sorte teñen Xavi e Brais de poder disfrutar de todo isto.
Aquí vemos ós patos de río e ós patos mandarín, que non parece que teñan moitas ganas de bañarse.
Ten tres ovellas e un macho comendo o que lles gusta.
É alucinante que preciosidade de pavo verde de Java, faisáns Lady e esas crías son "monísimas".
O coello de monte

Aquí temos de todo, un coello de monte chamado "Cariñoso",pavo de moco, o simpático porco "Cui", patos mulos, ánade real, galiñas...
Cui, o Superporco!!
Que grande é!
Atentos a horta, aquí hai de todo: cebolas, tomates, calabazas, leitugas, pementos, repolos, sandías, melóns, xudías, granadas...
E máis leitugas, mandarinas, laranxas, kumquats, claudias...

Mirade que monada!!


Agora xa entendemos como Xavi sabía tanto de animais.
Moitas gracias familia por compartilo con nós!
Unha aperta.