venres, 19 de xuño de 2020

QUE TEMPO VAI CHICOS?

Os mellores metereólogos e metereólogas do país, cóntannos como está o tempo arredor do mundo.
Estade moi atentos!!
FANTÁSTICOOOOO!!
GUSTOUNOS UN MONTÓN!!
UNHA APERTA MOI, MOI GRANDE DE TODOS OS PROFES DO COLE.
A DISFRUTAR DO VERÁN!!💓

venres, 12 de xuño de 2020

TAREFAS DO 15 AO 19 DE XUÑO

Ola chicos e chicas!
O curso chegou ao seu fin e empezamos AS VACACIÓNS!
Esta semana reducimos as actividades e a maioría son en línea.
Espero que disfrutedes a actividade de Ciencias.
Un biquiño a todos. 

domingo, 7 de xuño de 2020

XAVI MÓSTRANOS O "ZOO" QUE TEN NA CASA

Moi atentos chicos e chicas, isto é como visitar un Zoo Rural.
Mirade que sorte teñen Xavi e Brais de poder disfrutar de todo isto.
Aquí vemos ós patos de río e ós patos mandarín, que non parece que teñan moitas ganas de bañarse.
Ten tres ovellas e un macho comendo o que lles gusta.
É alucinante que preciosidade de pavo verde de Java, faisáns Lady e esas crías son "monísimas".
O coello de monte

Aquí temos de todo, un coello de monte chamado "Cariñoso",pavo de moco, o simpático porco "Cui", patos mulos, ánade real, galiñas...
Cui, o Superporco!!
Que grande é!
Atentos a horta, aquí hai de todo: cebolas, tomates, calabazas, leitugas, pementos, repolos, sandías, melóns, xudías, granadas...
E máis leitugas, mandarinas, laranxas, kumquats, claudias...

Mirade que monada!!


Agora xa entendemos como Xavi sabía tanto de animais.
Moitas gracias familia por compartilo con nós!
Unha aperta.

venres, 5 de xuño de 2020

XAVI E BRAIS BAILAN "MACARENA"

Pero que ben o pasades chicos!
Un aplauso!!

O ECLIPSE DO 5 DE XUÑO

Ola chicos e chicas!!
Esta tarde ten lugar o Eclipse Penumbral do que vos falei. Desgraciadamente, non imos poder observarlo. As primeiras noticias que atopei falaban de que se podería observar en toda España, pero na información que atopei na páxina do Observatorio Astronómico Nacional, non din iso, e paréceme que esta é máis fiable. Aquí tendes unha imaxe que explica bastante ben en qué consiste un Eclipse Penumbral. O círculo rosa sería a sombra da Terra, e o azul, a sombra exterior moito máis débil. A Lúa pasa por parte desa penumbra e o único que fai e oscurecela un pouco.

Dentro dun mes, o 5 de xullo, teremos outro eclipse do mesmo tipo observable dende aquí.
Fixádevos na parte sombreada do mapa. 
Pois teremos que esperar un mes máis chicos. De todas formas, se non temos moitas nubes esta tarde poderemos disfrutar dunha Lúa crecente preciosa. O domingo xa estará chea, botádelle un vistazo.
Un biquiño aos meus pequenos astrónomos e astrónomas.

mércores, 3 de xuño de 2020

XAVI FIXO AS MANUALIDADE DAS FASES DA LÚA




Vaia traballo pasaches Xavi, está moi ben feito.
Agora xa lle podes explicar a calquera as fases da Lúa, es todo un experto!!
Un biquiño.

AGUSTÍN E FAMILIA BAILAN "MACARENA"

Pero que ben o pasades!!
A familia "case" ao completo.
Non vos aburrides nunca, verdade?
Un biquiño a todos!!