luns, 4 de maio de 2020

SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO



Ola chicos e chicas, que tal estades?
Bótovos moito en falta. Isto segue a ser un pouco raro, verdade?, pero quero que saibades que o estades a facer moi, moi ben.
Quería aclararvos algunha dúbida que tendes:
  • os vosos pais soamente teñen que mandarme ao correo profemonicabarbosa@gmail.com, os diarios e as actividades que vos pido con antelación, como os controis de matemáticas, algunha redacción, resumo... O resto xa o mando coas solucións ou son cousas moi sinxelas que papi ou mami poden correxirvos no momento e así vedes o erro enseguida.
  • lembrade que deberiades seguir lendo durante a cuarentena, aínda que non sexa todos os días, si debería ser a miúdo. Xa sabedes que a lectura diaria, so nos da beneficios. Tamén podedes facer as fichas da biblioteca con cada libro que leades (facede clic AQUÍ). Aproveito para recomendarvos que botedes un vistazo ao blog da Biblioteca, sempre hai actividades interesantes que facer. 
  • sei que escribir o diario todos os días nesta situación non é tarefa doada, non nos están a pasar grandes aventuras metidos na casa, verdade?, así que vos propoño escribilo soamente tres días á semana en lugar dos cinco que estabamos a facer. Vós elexides contar o día que vos resulte máis interesante. Esta semana non vos olvidedes de contar o que facedes nos vosos paseos.
Coma sempre, se tendes algunha dúbida, poñédevos en contacto conmigo.

Seguide participando nas actividades coma ata agora.
Un biquiño e unha aperta moi grande para todos vós.💕

A Profe Mónica P. Barbosa

RAÚL TAMPOUCO TIVO TEMPO DE ABURRIRSE

Fixo estes tres experimentos, que nos encantan e ademais
Un conto con libros
Está todo moi, moi ben explicado Raúl.
Grazas por ser tan activo!!

ALEX ESTIVO MOI OCUPADO

PLANTANDO


                        

 E FACENDO O EXPERIMENTO DA AUGA



Que ben o levaches a cabo, xa case sodes uns científicos profesionais!!