venres, 5 de xuño de 2020

XAVI E BRAIS BAILAN "MACARENA"

Pero que ben o pasades chicos!
Un aplauso!!

O ECLIPSE DO 5 DE XUÑO

Ola chicos e chicas!!
Esta tarde ten lugar o Eclipse Penumbral do que vos falei. Desgraciadamente, non imos poder observarlo. As primeiras noticias que atopei falaban de que se podería observar en toda España, pero na información que atopei na páxina do Observatorio Astronómico Nacional, non din iso, e paréceme que esta é máis fiable. Aquí tendes unha imaxe que explica bastante ben en qué consiste un Eclipse Penumbral. O círculo rosa sería a sombra da Terra, e o azul, a sombra exterior moito máis débil. A Lúa pasa por parte desa penumbra e o único que fai e oscurecela un pouco.

Dentro dun mes, o 5 de xullo, teremos outro eclipse do mesmo tipo observable dende aquí.
Fixádevos na parte sombreada do mapa. 
Pois teremos que esperar un mes máis chicos. De todas formas, se non temos moitas nubes esta tarde poderemos disfrutar dunha Lúa crecente preciosa. O domingo xa estará chea, botádelle un vistazo.
Un biquiño aos meus pequenos astrónomos e astrónomas.