domingo, 31 de maio de 2020

TAREFAS 1 AO 5 DE XUÑO

Ola pequenos ASTRÓNOMOS E ASTRÓNOMAS!!
Empezamos as últimas semanas do curso.
Chegamos á recta final. En nada estaremos de vacacións, polo que vos pido un último esforzo.
Lembrade que a partires de hoxe escribiremos o diario en GALEGO. 
Seguimos cos nosos experimentos, que tal vai  o proxecto da Lúa?
E téñovos unha sorpresa, esta semana, o día 5, imos ter
UN ECLIPSE PENUMBRAL DE LÚA!!
Xa vos enviarei máis información para a súa observación.
Un biquiño a todos e todas!!
A profe Mónica P. Barbosa